NOVA CONVOCATORIA DE PRESENTACIÓN DE PROXECTOS
O pasado 21 de febreiro publicouse no DOGA a ORDE do 12 de febreiro de 2025 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de axudas para proxectos ao abeiro das estratexias de desenvolvemento local participativo (EDLP), aprobadas aos grupos de acción local do sector pesqueiro (GALP) no marco do Fondo Europeo Marítimo, de Pesca e de Acuicultura 2021-2027, e se convocan as correspondentes ao ano 2025. Máis información: https://www.xunta.gal/.../AnuncioG0427-120225-0003_gl.pdf Preséntanos os teus proxectos antes do 21 de marzo. Para máis información, podes contactar connosco na Avenida de Beiramar, 49, Vigo (Pontevedra), no correo galp.mar.riadevigoaguarda@xunta.gal ou telefónicamente nos números: 986 358 109 / 646 873 106.