EMBÁRCATE CO CIM

Embárcate co Cim, unha edición para empresas e entidades colaboradores para construir e planificar conxuntamente o futuro da economía azul e da sociedade galega O pasado xoves, 20 de xuño, a nosa xerente do Galp Ría de Vigo - A Guarda estivo presente na xornada organizada polo Cim, o centro interdisciplinar recoñecido a nivel nacional e internacional como referente en innovación, transferencia e difusión no ámbito mariño. Durante esta xornada, que tivo lugar na Estación de Ciencias Torella Mariñas (Ecimat), abordáronse diferentes temas co obxectivo de descubrir novas tecnoloxías que nos axuden a cambiar o futuro, logrando así o aproveitamento máis sostible dos recursos mariños. A xornada comezou ás 11.30h cunha recepción de benvida nas instalacións da ECIMAT, recoñecida como Infraestructura Europea de Investigación. Seguindo coa programación, ás 11.45h tivo lugar a presentación das liñas estratéxicas do Cim, ao tempo que explicouse a misión e visión, debatéronse as posibilidades e opor...