EMBÁRCATE CO CIM

Embárcate co Cim, unha edición para empresas e entidades colaboradores para construir e planificar conxuntamente o futuro da economía azul e da sociedade galega


O pasado xoves, 20 de xuño, a nosa xerente do Galp Ría de Vigo - A Guarda estivo presente na xornada organizada polo Cim, o centro interdisciplinar recoñecido a nivel nacional e internacional como referente en innovación, transferencia e difusión no ámbito mariño. Durante esta xornada, que tivo lugar na Estación de Ciencias Torella Mariñas (Ecimat), abordáronse diferentes temas co obxectivo de descubrir novas tecnoloxías que nos axuden a cambiar o futuro, logrando así o aproveitamento máis sostible dos recursos mariños.

A xornada comezou ás 11.30h cunha recepción de benvida nas instalacións da ECIMAT, recoñecida como Infraestructura Europea de Investigación. Seguindo coa programación, ás 11.45h tivo lugar a presentación das liñas estratéxicas do Cim, ao tempo que explicouse a misión e visión, debatéronse as posibilidades e oportunidades de cooperación con empresas públicas e privadas e organizacións civís.

A continuación, percorremos as instalacións, coñencendo as diferentes sales e descubrindo as tecnoloxías que cambiarán o futuro da investigación mariña para construir entre todos unha economía azul. Nesta visita coñecemos o laboratorio de crioxenización, a sala de control da contaminación mariña con larvas de ourizo e as tecnoloxías de cultivo de mexillón e o fitoplancton. 





Para facelo más ameno e reforzar as alianzas con outros profesionais do sector, compartir ideas e explorar futuras colaboracións, disfrutamos dun cóctel networking. E para rematar o día embarcamos no 'Ocean Secrets' para facer unha pequena travesía, a través da cal fixemos unha exploración científica e visualizamos o fondo mariño cun dron. 



Tras esta gran xornada, despedímonos dando paso as reunións preacordadas.






Comentarios

Publicacións populares deste blog

INTERCAMBIO DE EXPERIENCIAS CO GRUPO DE ACCIÓN COSTERA (GAC) DE TENERIFE

DLP UN TERRITORIO SOSTIBLE

O GALP Ría de Vigo - A Guarda e ABANCA asinan un convenio para ofrecer novas vías de financiamento para o sector pesqueiro