Publicacións

Mostrando publicacións desta data: decembro, 2024

O Galp Ría de Vigo - A Guarda aproba 4 novos proxectos relacionados coa muller no mar, a posta en valor do mundo marino e a divulgación dos recursos naturais de soutomaior

    GALP da Ría de Vigo-A Guarda ven de aprobar na súa última xunta directiva 4 novos proxectos para o territorio: -Impulso da sección feminina de traiñeiras e transformación dixital e ecolóxica. -Muller, cultura e mar. -‘Arqui-var’. Mellora do arquivo de imaxe e dotación de medios da rede de varamentos. -Festa do mar: A recalada’. O primer proxecto, Impulso da sección feminina de traiñeiras e transformación dixital e ecolóxica ten como obxetivo a potenciación da sección feminina de Traiñeiras e levar a cabo unha transformación dixital e ecolóxica no Club de Remo da Sociedade Deportiva Samertolameu (Moaña). Mediante a colaboración con outras entidades e a integración das tecnoloxías da información e a comunicación (TIC) búscase reforzar o compromiso coa sostenibilidade, a igualdade de xénero e a dinamización do territorio.   Para levar a cabo estas iniciativas, se adquirirá unha traiñeira e remos para a sección feminina de remo, ergómetros, ordenador portátil e pantalla ...