O Galp Ría de Vigo - A Guarda aproba 4 novos proxectos relacionados coa muller no mar, a posta en valor do mundo marino e a divulgación dos recursos naturais de soutomaior
GALP da Ría de Vigo-A Guarda ven de aprobar na súa última xunta directiva 4 novos proxectos para o territorio:
-Impulso da sección feminina de traiñeiras e transformación dixital e ecolóxica.
-Muller, cultura e mar.
-‘Arqui-var’. Mellora do arquivo de imaxe e dotación de medios da rede de varamentos.
-Festa do mar: A recalada’.
O primer proxecto, Impulso da sección feminina de traiñeiras e transformación dixital e ecolóxica ten como obxetivo a potenciación da sección feminina de Traiñeiras e levar a cabo unha transformación dixital e ecolóxica no Club de Remo da Sociedade Deportiva Samertolameu (Moaña). Mediante a colaboración con outras entidades e a integración das tecnoloxías da información e a comunicación (TIC) búscase reforzar o compromiso coa sostenibilidade, a igualdade de xénero e a dinamización do territorio.
Para levar a cabo estas iniciativas, se adquirirá unha traiñeira e remos para a sección feminina de remo, ergómetros, ordenador portátil e pantalla de TV, smartphone e contenedores de reciclaxe. Reactiivarase a páxina web do clube para insertar medidas para axudar na transición tecnolóxica, ecolóxica, sostenibilidade e dinamizar o patrimonio. Tamén se promoverá unha xornada para presentar o proxecto do papel da muller no mundo das traiñeiras e posta en valor do patrimonio histórico destas embarcacións, así coma a súa importancia. Ademáis, haberá xornadas sobre o uso das TIC no club de Xubilados, alimentación saludable baseada en produtos do mar e os seus beneficios para os deportistas, e concienciación ambiental sobre os beneficios do remo como deporte libre de emisións de CO2. O coste total deste proxecto non produtivo é de 68.218,80€, subvencionable nun 70% con fondos FEMP.
Muller, cultura e mar é outra das propostas subvencionadas recentemente. Está impulsada polo Círculo Cultural Recreativo de Chapela, e ten como obxetivo a realización de actividades dirixidas ao traballo pola igualdade de xénero, ao empoderamento da muller, difusión da cultura a través de eventos e saídas culturais, así como actividades de ocio onde o mar será o fío conductor. As actividades se levarán a cabo con voluntarios da entidade e membros da xunta directiva, en colaboración con asociación que formarán parte dos seguintes itinerarios: ‘Mulleres palilleiras’ (difusión da cultura e dos beneficios desta práctiva, e transmisión da importancia da figura da muller), ‘Espazo en feminino’ (realización de talleres para reflexionar sobre os coidados en xeral, desafogar, potenciar a parte creativa e crear vínculos con outras mulleres), e Xornada cultural de visita ás Illas Atlánticas e a San Simón. Tamén se realizarán rutas en grupo ás Salinas de Ulló, e un campamento náutico con persoas de todos os perfiles. O proxecto ten un orzamento de 116.579,45€, subvencionable nun 70% pola FEMP.
Arqui-var. Mellora do arquivo de imaxe e dotación de medios da rede de varamentos. Este proxecto está promovido pola ONG galega Coordinadora para o estudio dos mamíferos, e a través do mesmo se aportarán ferramentas e medios para ordear e garantir a preservación do arquivo gráfico e o funcionamento da Rede de varamentos a través de medios dixitais, físicos e información. Tamén se aportarán medios para os equipos da rede de varamentos e formar persoal no traballo de campo de recollida fotográfica de datos. Fomentarase o uso das TICs e a concienciación sobre o uso dos plásticos e os seus perxuizos sobre a fauna mariña.
Para levar a cabo estas accións se creará unha base de datos de almacenamento gráfico e se recopilará todo o material dende 1990. Se ordenará a documentación gráfica do rexistro de varamentos e avistamentos, e se dotará de soportes dixitais e cámaras réflex para o correcto desenvolvemento do proxecto. O orzamento total é de 22.251,75€, subvencionables nun 70% polo FEMP.
Por último, o proxecto A festa do mar: A recalada pretende dar un novo impulso ó municipio de Soutomaior, a través da promoción do valor culinario e saudable dos produtos pesqueiros e a diversificación da actividade pesqueira e marisqueira en Soutomaior. Esto permitirá facilitar o relevo xeracional na pesca, ofrecer espazos de lecer, incrementar a cooperación entre a administración e as entidades vinculadas ao mar, o turismo, a hostalaría e sociais, e poñer en valor o papel da muller no mar.
Esta proposta inclúe concertos de música tradicional a cargo de grupos locais, faladoiros sobre as novas tecnoloxías no sector do mar, un taller de creación escénica sobre a muller no mar, encontró e mostras de embarcacións tradicionais, un documental sobre a evolución interxeneracional da vida no mar, e mesmo un mercado de degustación de produtos do mar. O proxecto ascende a 67.881€, e conta cunha subvención do 70% a cargo de fondos FEMP.
Para máis información, pódese contactar co GALP na Avenida de Beiramar, 49, Vigo (Pontevedra), no correo galp.mar.riadevigoaguarda@xunta.gal ou telefonicamente nos números: 986 358 109/646 873 106.
Comentarios
Publicar un comentario