Publicacións

Mostrando publicacións desta data: xaneiro, 2025

AS ESTRATEXIAS DE DESENVOLVEMENTO LOCAL PARTICIPATIVO PROMOTORAS DA ECONOMÍA AZUL

Imaxe
O 17 de decembro a nosa xerente, Elena Herbello, asistiu a unha reunión en Santiago, na que o Conselleiro do Mar, Alfonso Villares, destacou o traballo dos GALP galegos no fomento da #economiaazul. A xornada 'As estratexias de desenvolvemento local participativo promotoras da Economía Azul', consistiu segundo remarcou o titular da Consellería do Mar, nun foro no que poñer en común o traballo que se está a realizar neste senso e que permitiu materializalo en proxectos moi vinculados ao territorio. Unha oportunidade para coñecer proxectos transformadores que impulsan a sostenibilidade ao desenvolvemento local, e que dá visibilidade e identifica novas oportunidades nos diferentes sectores que permitan conxugar a sustentabilidade marítimo-pesqueira e o crecemento económico.

II CURSO DE NIGRÁN: MAMÍFEROS MARIÑOS, QUENLLAS E TARTARUGAS EN GALICIA

Imaxe
  O 29 de novembro o secretario do no GALP e concelleiro de pesca do Concello de Baiona, Joaquín López Goce, e nosa xerente, Elena Herbello, asistiron no Auditorio do Concello de Nigrán ao II Curso de Nigrán: Mamíferos Mariños, Quenllas e Tartarugas en Galicia. Unha xornada organizada pola Cemmacetaceos (Coordinadora para o estudo dos mamíferos mariños) dentro do proxecto ARQUI-VAR: (mellora do arquivo de imaxe e dotación de medios da Rede de Varamentos) desenvolto coa axuda económica de #fondoseuropeos #FEMPA xestionados pola nosa entidade.