AS ESTRATEXIAS DE DESENVOLVEMENTO LOCAL PARTICIPATIVO PROMOTORAS DA ECONOMÍA AZUL
O 17 de decembro a nosa xerente, Elena Herbello, asistiu a unha reunión en Santiago, na que o Conselleiro do Mar, Alfonso Villares, destacou o traballo dos GALP galegos no fomento da #economiaazul.
A xornada 'As estratexias de desenvolvemento local participativo promotoras da Economía Azul', consistiu segundo remarcou o titular da Consellería do Mar, nun foro no que poñer en común o traballo que se está a realizar neste senso e que permitiu materializalo en proxectos moi vinculados ao territorio.
Unha oportunidade para coñecer proxectos transformadores que impulsan a sostenibilidade ao desenvolvemento local, e que dá visibilidade e identifica novas oportunidades nos diferentes sectores que permitan conxugar a sustentabilidade marítimo-pesqueira e o crecemento económico.
Comentarios
Publicar un comentario