ACTO DE EMPODERAMENTO DAS MULLERES E INCORPORACIÓN DA IGUALDADE DE XÉNERO NA ECONOMÍA AZUL

O 25 de marzo, nosa xerente, Elena Herbello, participou nun evento intersectorial dedicado ao EMPODERAMENTO DAS MULLERES E INCORPORACIÓN DA IGUALDADE DE XÉNERO NA ECONOMÍA AZUL - PROXECTO WINBLUE". Celebrouse nas instalacións de ANFACO-CECOPESCA e contou coa presenza da Directora Xeral de Promoción da Igualdade da Xunta de Galicia, María Quintiana Pérez, e representantes e investigadoras de diversos organismos e institucións.