VISITAS PROMOCIONAIS DA NOVA CONVOCATORIA DE AXUDAS
Para dar a coñecer a actual CONVOCATORIA DE AXUDAS dos #FondosEuropeos #FEMPA 2025. Desprazáronse ao Concello de Redondela para visitar ás peixeiras.
En primeiro lugar o 5 de marzo achegámonos á Praza de Abastos de Redondela e posteriormente á de Chapela, sendo recibidos con interese en ambos os casos, algo que agradecemos.
Tamén desprazámonos ao Concello de Moaña e ao Concello de Cangas do Morrazo.
A primeira hora do día 11 de marzo desprazámonos ao Concello de Nigrán, concretamente á Praza de abastos de A Ramallosa.
A nosa seguinte etapa levounos a Baiona e Sabarís Concello de Baiona. Nas visitas acompañounos o concelleiro de pesca, Joaquín López Goce.
Tras o Concello de Baiona, dirixímonos cara ao Baixo Miño. Nosa primeiro parada foi no Concello de Oia Aedls Baixomiño, aquí estamos con Ángeles
Seguimos o noso descenso pola costa atlántica galega. Un penúltima etapa da xornada de onte levounos a ofens no Concello do Rosal. Este concello do Baixo Miño ao da Guarda, contará dun pequeno tramo litoral onde tamén atopamos representantes do sector pesqueiro.
O percorrido de onte finalizou no Concello da Guarda.
Dentro da nosa rolda de visitas para dar a coñecer a actual convocatoria dos #FondosEuropeos #FEMPA, onte estivemos en Arcade, Concello de Soutomaior coa Concelleira de Igualdade, coa directora do CIM e con peixeiras de Soutomaior e de Vilaboa, ás que tamén fixemos entrega dos nosos materiais promocionais.
Outra das nosas visitas levounos ao Mercado do Calvario, no Concello de Vigo. Alí puidemos compartir un bo intre con todas como persoas dedicadas á venda de peixes e mariscos.
E, como no pode ser doutra maneira, unha semana finalizou cunha nova visita un mercado de outro. Neste caso a quenda foi para outro mercado vigués, o de Travesas.
Outra das nosas visitas aos mercados de Vigo levounos ata Teis, e ata o Mercado do Berbés.
Comentarios
Publicar un comentario