Publicacións

Mostrando publicacións desta data: xuño, 2025

8º CONGRESO DA REDE ESPAÑOLA DE MULLERES NO SECTOR PESQUEIRO

Imaxe
O concello de La Rápita, en Tarragona, acolleu o 8º Congreso da Rede Española de Mulleres no Sector Pesqueiro nos días 6 e 7 de xuño. A nosa delegación desprazouse ata a localidade para participar neste programa, o cal se dividiu en charlas e visitas. Os temas que se foron a tratar: - A substitución xeracional no sector pesqueiro - A visibilización e o liderado - As oportunidades e novas iniciativas para o futuro - Algúns casos de éxito de proxectos de emprendemento e territorio en Cataluña. A xornada comezou coas charlas coloquio e mesas redondas sobre a substitución xeracional, oportunidades e novas iniciativas, recoñecementos a mulleres referentes do sector, con intervención da nova presidenta de Anmupesca, Pilar Otero Fernández, directiva do noso GALP Ría de Vigo- A Garda e peche por parte do Ministro de Agricultura, pesca e alimentación, Luis Planas. Na segunda xornada nos mostraron unha serie de casos de éxito en proxectos de emprendemento e territorio en Cataluña. Pero antes, a ...

CAPITÁN MAREAS

Imaxe
Cun encontro entre GALP e Cofradías, o grupo Velgasa de Eroski, co obxectivo de acercar o valor do produto de mar hacia os máis mozos remata o seu programa educativo ‘Capitán Mareas’ polas nosas costas galegas de Baiona e Fisterra. Na mañá do 20 de mayo no porto de Baiona, o alumnado del CEIP Plurilingüe Chano Piñeiro dirixíronse aos multiusos Ángel de Bedriñana para gozar dunha xornada de showcooking. O 23 de mayo, a actuación do Capitán Mareas finalizou no Concello de Finisterra e, xunto aos escolares do Centro Nuestra Señora del Carmen onde, igual que no porto de Baiona, aprenderon sobre a nosa pesca local e tamén sobre unhas deliciosas e saudables receitas con ameixas e navallas como protagonistas.

UNIDOS POLO DLP - Sesión plenaria da Rede Española de Grupos de Pesca

Imaxe
O presidente do GALP Ría de Vigo - A Guarda, Juan Manuel Gregorio, e a nosa xerente, Elena Herbello, participaron na sesión plenaria da REGP que se celebrou en San Cristóbal de La Laguna, Tenerife, dende o 12 ao 14 de maio.   O primer día tivo lugar o acto inaugural coa benvida institicional de Cristina Ledesma, concelleira de Desenvolvemento Rural do Concello de San Cristóbal da Laguna; Valentín Esteban, conselleiro delegado do Sector Primario e Benestar Animal do Cabildo Insular de Tenerife e presidente do GALP de Tenerife; Esteban Reyes, director xeral de Pesca do Goberno de Canarias; e Aurora de Blas, presidenta da REGP e directora peral de Ordenación Pesqueira e Acuicultura, MAPA. Rematando o día realizouse a VII entrega de ‘Recoñecementos de proxectos de boas prácticas’. Continuando coa sesión, co obxetivo de compartir experiencias, explorar novas actividades que contribúan ao DLP e promover boas prácticas para o desenvolvemento pesqueiro sostible, o presidente Juan Manuel Gr...