8º CONGRESO DA REDE ESPAÑOLA DE MULLERES NO SECTOR PESQUEIRO
O concello de La Rápita, en Tarragona, acolleu o 8º Congreso da Rede Española de Mulleres no Sector Pesqueiro nos días 6 e 7 de xuño. A nosa delegación desprazouse ata a localidade para participar neste programa, o cal se dividiu en charlas e visitas.
Os temas que se foron a tratar:
- A substitución xeracional no sector pesqueiro
- A visibilización e o liderado
- As oportunidades e novas iniciativas para o futuro
- Algúns casos de éxito de proxectos de emprendemento e territorio en Cataluña.
Na segunda xornada nos mostraron unha serie de casos de éxito en proxectos de emprendemento e territorio en Cataluña. Pero antes, a delegación galega recibiu a visita de Aurora de Blas, directora xeral de ordenación pesqueira e acuicultura do Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación e tamén presidenta da Rede Española de Mulleres no Sector Pesqueiro. Tamén estivemos con Pilar Otero Fernández, directiva do noso GALP Ría de Vigo- A Garda e presidenta de Anmupesca; Mariña Álvarez, presidenta da Asociación de Redeiras do Baixo Miño, Atalaia; e á vicepresidenta desa asociación e presidenta da Asociación Galega de Redeiras, María Jesús González.
As mesas redondas e presentacións finalizaron coas intervencións de Cristina Massot, secretaria xeral do Departamento de Agricultura, Gandería, Pesca e Alimentación da Generalitat de Catalunya, e de Aurora de Blas, como presidenta da Rede Española de Mulleres no Sector Pesqueiro.
Chegou a quenda de comezar coas visitas a MónNatura Delta e á Lonxa da Rápita. Un centro da natureza que mostra distintos aspectos deste lugar e da vida das persoas que traballan nun escenario tan peculiar como é Delta do Ebro. Entre outras curiosidades, asistimos a unha demostración de “rall”, unha arte de pesca tradicional. A continuación visitamos a confraría de pescadores.
Con estas visitas de estudo finalizaron as actividades do 8º Congreso da Rede Española de Mujeres do Sector Pesqueiro, celebrado na Rápita, Tarragona.
Comentarios
Publicar un comentario