UNIDOS POLO DLP - Sesión plenaria da Rede Española de Grupos de Pesca

O presidente do GALP Ría de Vigo - A Guarda, Juan Manuel Gregorio, e a nosa xerente, Elena Herbello, participaron na sesión plenaria da REGP que se celebrou en San Cristóbal de La Laguna, Tenerife, dende o 12 ao 14 de maio. 


O primer día tivo lugar o acto inaugural coa benvida institicional de Cristina Ledesma, concelleira de Desenvolvemento Rural do Concello de San Cristóbal da Laguna; Valentín Esteban, conselleiro delegado do Sector Primario e Benestar Animal do Cabildo Insular de Tenerife e presidente do GALP de Tenerife; Esteban Reyes, director xeral de Pesca do Goberno de Canarias; e Aurora de Blas, presidenta da REGP e directora peral de Ordenación Pesqueira e Acuicultura, MAPA.


Rematando o día realizouse a VII entrega de ‘Recoñecementos de proxectos de boas prácticas’.





Continuando coa sesión, co obxetivo de compartir experiencias, explorar novas actividades que contribúan ao DLP e promover boas prácticas para o desenvolvemento pesqueiro sostible, o presidente Juan Manuel Gregorio, e a xerente, Elena Herbello, encontráronse xunto aos representantes doutros GALP das diferentes localidades de España. 


Neste segundo día fíxose un resumo sobre os proxectos FEMP, falouse sobre os inicios dos proxectos FEMPA e realizáronse visitas no Concello de Puerto de La Cruz.


Unha xornada chea de actividades onde tamén asistimos ás presentacións de Aurora de Blas, presidenta da REGP; á da Directora Xeral de Pesca, Marta Villaverde e de Rosa Chapela, representante de FAMENET.


Finalizamos a xornada do martes cun recibimento oficial no concello de Candelaria, onde posteriormente realizamos unha foto grupal xunto á estatua homenaxe ás mulleres do mar.




A xornada de clausura da Sesión Plenaria da Rede española de Grupos de Pesca iniciouse cunha mesa redonda sobre a economía azul, continuada cuns espazos para FAMENET e a propia REGP, sendo o último acto, unha emotiva homenaxe á figura de Ramón Morais, o fundador de Peixes Ramón.


Este empresario de 82 anos, natural da Gomera, está considerado como un exemplo inspirador por unha bagaxe profesional que, partindo duns inicios humildes, logrou consolidar unha das empresas máis importantes do sector pesqueiro de Canarias, converténdose nun exemplo para as novas xeracións que se propoñan incorporarse ao sector primario.



Comentarios

Publicacións populares deste blog

INTERCAMBIO DE EXPERIENCIAS CO GRUPO DE ACCIÓN COSTERA (GAC) DE TENERIFE

DLP UN TERRITORIO SOSTIBLE

O GALP Ría de Vigo - A Guarda e ABANCA asinan un convenio para ofrecer novas vías de financiamento para o sector pesqueiro