Publicacións

Mostrando publicacións desta data: febreiro, 2024

XORNADA DE PRESENTACIÓN DA NOVA CONVOCATORIA DE AXUDAS DOS FONDOS EUROPEOS #FEMPA

Imaxe
O pasado luns, 12 de febrerio, celeramos unha XORNADA DE PRESENTACIÓN da nova convocatoria de axudas dos Fondos Europeos FEMPA, que finaliza o próximo 29 de febreiro. Tras a recepción por parte da nosa xerente, Elena Herbello, tomaron a palabra Uxía Diz e Alejo Calatayud, de ICSEM, quen ademais de poñer o foco nos aspectos novos desta nova convocatoria, tamén marcaron importantes liñas de actuación que poden estar presentes en todo tipo de proxectos, especialmente no que fai referencia á economía circular na pesca. O seguinte relatorio foi o correspondente a Jorge Pan, membro do departamento de I+D da Cooperativa de Armadores de Pesca de Vigo ( Arvi Innovapesca ). De forma moi áxil, Jorge mostro uns 5 proxectos innovadores, capaces de mellorar todo tipo de rendementos. En primeiro lugar falounos de INERTIMAR, un proceso de aplicación da propia calor dos escapes dos buques sobre as vísceras, que logra alcanzar os 200º graos, eliminando así o temido anisakis. O segundo proxecto, PESCANDO...

O vindeiro luns, 12 de febreiro, xornada de presentación da nova convocatoria de axudas.

Imaxe
O Edificio Virxe do Carme, do Porto Pesqueiro de Vigo, acollerá unha xornada de presentación da nova Convocatoria de Axudas. Os novos promotores (e en xeral todas as persoas e representantes de entidades que teñan un proxecto beneficioso para o noso territorio costeiro e especialmente para o sector pesqueiro) están convidados a asistir a esta xornada na que se explicarán as diferentes contías das axudas e cales son. os criterios de selección que permiten acceder a eles. Este encontro, de gran importancia para o noso sector, terá lugar o vindeiro luns, 12 de febreiro, ás 12:00 horas, no Edificio Virxe do Carme, situado no porto pesqueiro de Vigo. Agardamos a vosa presenza. Apúntate aquí

Nova etapa en RRSS

Imaxe
Iniciamos unha nova etapa na xestión de Redes Sociais. Son un elemento fundamental de comunicación das nosas actividades e servizos; e recibirán un tratamento en consonancia, con máis dedicación e variedade de publicacións. Pero para que estas ferramentas funcionen con efectividade, necesitamos a colaboración de todos vós. Seguide nosas redes, compartide nosas publicacións, facédenos consultas, enviádenos as informacións que consideredes importantes... Se as temos presentes e empregámolas con asiduidade, converteranse nun elemento perfecto para estar coordinados e informados. Actualmente, contamos coas seguintes RRSS; Facebook: GALP Ría de Vigo A Guarda ( https://www.facebook.com/GalpRiaDeVigoAGuarda/?locale=es_ES ) Instagram: @galpvigoaguarda ( https://www.instagram.com/galpvigoaguarda/?hl=es ) X: @GALP7GALP7 ( https://twitter.com/galp7galp7?lang=es ) Linkedin: GALP Ría de Vigo - A Guarda ( https://es.linkedin.com/company/galp-r%C3%ADa-de-vigo-a-guarda?trk=public_post_feed-acto...

O pasado venres, 19 de xaneiro, presentamos os 11 proxectos que recibiron fondos europeos na última convocatoria.

Imaxe
O pasado 19 de xaneiro celebramos na cidade olívica unha xuntanza na que se presentaron os proxectos aprobados na convocatoria do 2023 e que se financiarán con cargo ó programa FEMPA (Fondo Europeo Marítimo, de Pesca e Acuicultura) 2021-2027 no seu territorio (integrado polos concellos Nigrán, Baiona, Oia, O Rosal, A Guarda, Redondela, Soutomaior, Vilaboa, Moaña, Cangas e o sector pesqueiro de Vigo). Trátase de diferentes propostas dinamizadoras do territorio, a maioría delas relacionadas co sector pesqueiro e promovidas tanto por entidades públicas (coma Concellos ou Cofradías de Pescadores) coma de interese común e incluso empresas privadas.  Estos son as iniciativas que recibirán axudas do GALP A continuación, se detallan os proxectos que teñen recibido estas axudas: Faros da Ría. Apartamentos (construcción de tres apartamentos turísticos sostibles no Morrazo). Rehabilitación das carpintarías da ribeira da Seara (reforma e consolidación das carpinterías de ribeira de ...

O 1 de febreiro abriuse o prazo de presentación de solicitudes para a nova convocatoria que finaliza o 29 do mismo mes.

Imaxe
O 1 de febreiro abriuse prazo para presentar solicitudes de axuda para proxectos ó amparo das Estratexias de Desenvolvemento Local Participativo (EDLP), aprobados pola Consellería de Mar aos Grupos de Acción Local do Sector Pesqueiro (GALP) e correspondentes á Convocatoria 2024 do Fondo Europeo Marítimo de Pesca e de Acuicultura (FEMPA) 2021-2027. A convocatoria permanecerá activa durante un mes , ata o 29 de febreiro de 2024.   O Diario Oficial de Galicia (DOG) publicou esta convocatoria, na que se repartirán un total de 19.550.000 € en tres anualidades, dos que 5.000.000 € corresponden ao GALP Ría de Vigo-A Guarda. Poderán ser beneficiarios das axudas as seguintes persoas físicas e/ou xurídicas: Pequenas e medianas empresas (PYMES) e persoas autónomas , con domicilio fiscal e social en Galicia e relacionadas de algunha forma co sector pesqueiro. (Deberán cumprir unha serie de requisitos recollidos na orde publicada hoxe, e que pode consultarse neste enlace:  https://w...