O 1 de febreiro abriuse o prazo de presentación de solicitudes para a nova convocatoria que finaliza o 29 do mismo mes.
O 1 de febreiro abriuse prazo para presentar solicitudes de axuda para proxectos ó amparo das Estratexias de Desenvolvemento Local Participativo (EDLP), aprobados pola Consellería de Mar aos Grupos de Acción Local do Sector Pesqueiro (GALP) e correspondentes á Convocatoria 2024 do Fondo Europeo Marítimo de Pesca e de Acuicultura (FEMPA) 2021-2027. A convocatoria permanecerá activa durante un mes, ata o 29 de febreiro de 2024.
O Diario Oficial de Galicia (DOG) publicou esta convocatoria, na que se repartirán un total de 19.550.000 € en tres anualidades, dos que 5.000.000 € corresponden ao GALP Ría de Vigo-A Guarda.
Poderán ser beneficiarios das axudas as seguintes persoas físicas e/ou xurídicas:
- Pequenas e medianas empresas (PYMES) e persoas autónomas, con domicilio fiscal e social en Galicia e relacionadas de algunha forma co sector pesqueiro. (Deberán cumprir unha serie de requisitos recollidos na orde publicada hoxe, e que pode consultarse neste enlace: https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2024/20240131/AnuncioG0427-291223-0002_es.html)
- Persoas xurídicas sen ánimo de lucro, con domicilio fiscal e social en Galicia. Aquí inclúense cofradías de pescadores e a súas federacións, asociacións profesionais do sector pesqueiro e as súas federacións, entidades sen ánimo de lucro integradas por cofradías de pescadores e/ou asociacións do sector pesqueiro, entidades públicas locais, asociacións declaradas de utilidade pública, e entidades sin ánimo de lucro (consultar no enlace os obxectivos que deberán cumplir estas últimas para optar ás axudas).
Para máis información, pódese contactar co GALP da Ría de Vigo-A Guarda (que integra os concellos de Vigo, Nigrán, Baiona, Oia, O Rosal, A Guarda, Redondela, Soutomaior, Vilaboa, Moaña e Cangas) na Avenida de Beiramar, 49 – 3º, Vigo (Pontevedra), no correo galp.mar.riadevigoaguarda@xunta.gal ou telefonicamente nos números: 986 358 109/646 873 106.
Comentarios
Publicar un comentario