XORNADA DE PRESENTACIÓN DA NOVA CONVOCATORIA DE AXUDAS DOS FONDOS EUROPEOS #FEMPA
O pasado luns, 12 de febrerio, celeramos unha XORNADA DE PRESENTACIÓN da nova convocatoria de axudas dos Fondos Europeos FEMPA, que finaliza o próximo 29 de febreiro.
Tras a recepción por parte da nosa xerente, Elena Herbello, tomaron a palabra Uxía Diz e Alejo Calatayud, de ICSEM, quen ademais de poñer o foco nos aspectos novos desta nova convocatoria, tamén marcaron importantes liñas de actuación que poden estar presentes en todo tipo de proxectos, especialmente no que fai referencia á economía circular na pesca.
O seguinte relatorio foi o correspondente a Jorge Pan, membro do departamento de I+D da Cooperativa de Armadores de Pesca de Vigo (Arvi Innovapesca). De forma moi áxil, Jorge mostro uns 5 proxectos innovadores, capaces de mellorar todo tipo de rendementos. En primeiro lugar falounos de INERTIMAR, un proceso de aplicación da propia calor dos escapes dos buques sobre as vísceras, que logra alcanzar os 200º graos, eliminando así o temido anisakis. O segundo proxecto, PESCANDO 4.0 é un proceso de dixitalización que achegará unhas grandes vantaxes no campo da rastrexabilidade. Tamén nos falou do proxecto BUQUE EFICIENTE, capaz de mellorar a eficiencia do proceso de frío nos barcos, reducindo as emisións nun 15%. O seguinte proxecto foi ABASAP, unha compactadora de descartes que reduce o espazo ocupado polos mesmos, con todas as vantaxes que iso representa. De forma paralela, ABASAP logra a creación dun complemento alimenticio en forma de salsa, que xa comeza a súa fermentación a bordo, coa ganancia de tempo que iso supón. O último proxecto presentado por Jorge Pan foi NEXT EMPLEAMAR, un espazo web con bolsas de emprego e axudas para a confección do curriculum, unha fórmula coa que desexan mellorar o relevo xeracional na pesca.
Ante a ausencia de Xema Neira, CEO de “Cholita”, por un inconveniente de última hora, pechou a quenda de presentacións, Joaquín Gracia, director de MAREXI Marine Tecnology, unha empresa empeñada en percorrer o camiño para que o mundo pesqueiro realice un transformación dixital, ata converterse en empresas dixitais plenas, que ademais aposten pola economía azul.
Joaquín falounos da aplicación de sistemas automáticos de clasificación de peixe, capaces ademais de detectar calquera corpo estraño. Tamén nos falou da primeira peladora de atún cocido do mundo, unha maquina que estará lista en 2 ou 3 meses e que garante unha diminución mínima da materia prima. Joaquín despediu esta xornada, falando doutro proxecto tamén único no mundo, capaz de eliminar os parasitos de peixe por medio dun proceso de electromagnetismo.
Como vemos, unha serie de proxectos inspiradores, que nos mostraron a capacidade do sector por desenvolverse aplicando procedementos da máis avanzada tecnoloxía.
Comentarios
Publicar un comentario