O pasado venres, 19 de xaneiro, presentamos os 11 proxectos que recibiron fondos europeos na última convocatoria.

O pasado 19 de xaneiro celebramos na cidade olívica unha xuntanza na que se presentaron os proxectos aprobados na convocatoria do 2023 e que se financiarán con cargo ó programa FEMPA (Fondo Europeo Marítimo, de Pesca e Acuicultura) 2021-2027 no seu territorio (integrado polos concellos Nigrán, Baiona, Oia, O Rosal, A Guarda, Redondela, Soutomaior, Vilaboa, Moaña, Cangas e o sector pesqueiro de Vigo).

Trátase de diferentes propostas dinamizadoras do territorio, a maioría delas relacionadas co sector pesqueiro e promovidas tanto por entidades públicas (coma Concellos ou Cofradías de Pescadores) coma de interese común e incluso empresas privadas. 


Estos son as iniciativas que recibirán axudas do GALP


A continuación, se detallan os proxectos que teñen recibido estas axudas:


  • Faros da Ría. Apartamentos (construcción de tres apartamentos turísticos sostibles no Morrazo).
  • Rehabilitación das carpintarías da ribeira da Seara (reforma e consolidación das carpinterías de ribeira de Carlagho e Casqueiro para uso museístico e cultural).
  • Os mares da baixura II: Ampliando horizontes (reestructuración adaptación e actualización tecnolóxica e dixital do portal web osmaresdabaixura.com).
  • Báscula de pesaxe para camións no pantalán do Porto de Domaio (construcción dunha báscula para pesar camións cunha aportación de case 60.000€)
  • Intervención terapéutica a través da música e a cultura de raíz, para persoas maiores, persoas con Alzheimer e outras demencias, persoas con discapacidade e colectivos de mulleres.
  • BAF: Blue Atlantic Foro (creación dun espazo de formación, cooperación e divulgación sobre a economía azul desde unha perspectiva atlántico-europea).
  • Sinescama como innovación en comercialización de produtos do mar (incrementar o valor engadido dos produtos da pesca e marisqueo, impulsando a innovación, a competitividade e a diversificaión da oferta comercial existente no territorio).
  • Plan de aforro e eficiencia enerxética: Lonsolar (implementar un plan de aforro e eficiencia na Lonxa da Guarda –Lonsolar- mediante a identificación e fusión de boas prácticas e posta en marcha dunha instalación de enerxía fotovoltaica).
  • Modernización, aforro enerxético e melloras (implementación de novas tecnoloxías, melloras ambientais e mellora das condicións de traballo dos empregados de Frigoríficos de Vigo).
  • Transporte sustentable e informática (adquisición dun vehículo industrial isotermo para incrementar as posibilidades de transporte de mercadorías).
  • Canido Pesqueiro (mellorar as canles de comercialización mediante venta directa a minorista e consumidor/a final promovido pola Confraría de pescadores ‘San Francisco de Vigo).

Comentarios

Publicacións populares deste blog

INTERCAMBIO DE EXPERIENCIAS CO GRUPO DE ACCIÓN COSTERA (GAC) DE TENERIFE

DLP UN TERRITORIO SOSTIBLE

O GALP Ría de Vigo - A Guarda e ABANCA asinan un convenio para ofrecer novas vías de financiamento para o sector pesqueiro