Publicacións

Mostrando publicacións desta data: xullo, 2024

XORNADA DO PROXECTO WINBLUE

Imaxe
  O lunes 22 de xullo a xerente do Galp Ría de Vigo - A Guarda, Elena Herbello, asitiu a unha xornada do proxecto WinBlue nas instalacións de ANFACO-CECOPESCA. O proxecto WinBLue ten como obxectivo mellorar as habilidades técnicas, de xestión e de negocio sostible, apoiando a participación das mulleres nas estructuras de gobernanza da Economía Azul. Durante a xornada se estudaron os plans de igualdade ao sector pesqueiro-acuícola.  

GALPEMUR: Visita do Galp Ría de Vigo - A Guarda a Murcia

Imaxe
 Desde o GALP Ría de Vigo - A Guarda desplazámonos nunha viaxe de intercambio de experiencias ata a provincia de Murcia. Alí coñecimos de primeira man unha serie de proxectos financiados por Galpemur, a entidade que representa aos interlocutores públicos e privados máis representativos do sector pesqueiro e acuícola da Región de Murcia.  As persoas participantes nesta visita foron Juan Manuel Gregorio Vaqueiro, da Cofradía de Pescadores 'San Cipriano' de Aldán - Hío; José Manuel Martínez Dasilva e María Berta Barreiro Díaz, da Cofradía de Pescadores 'San Xosé' de Cangas; Gonzalo Reinoso Castelán, da Cofradía de Pescadores 'Virxe do Carme' de Arcade; Patricia Lorenzo Calvar, da Cofradía de Pescaodres 'Pedra da Olieira; e a nosa xerente, Elena Herbello.  O programa da visita: Primeiro día: Ruta pola lonxa de Cartagena e barrio pesqueiro de Santa Lucia. Encontro co Patrón maior de Cartagena e Presidente da Federación Rexional de Confrarías de Pescadores da Regi...

DLP UN TERRITORIO SOSTIBLE

Imaxe
 O presidente do GALP Ría de Vigo - A Guarda, Juan Manuel Gregorio, e a nosa xerente, Elena Herbello, desprazáronse a Almería para participar na Sesión Plenaria da Red Española de Grupos de Pesca, 'DLP para un territorio sostible' As reunións de traballo desenvolvéronse ao longo de tres días, nos cales se analizaron a situación do sector, presentáronse diversas experiencias inspiradoras, visitáronse proxectos do Cabo de Gata e estudáronse interesantes propostas de turismo mariñeiro.  Na seguinte xornada compatibilizáronse as reunións de marcado carácter técnico (como a análise de situación e previsión de resultados do Desenvolvemento Local Participativo, a presentación da Rede Nacional de Turismo Mariñeiro ou a mostra de iniciativas exitosas desa especialidade turistica) cunha vista de campo, consiste nun achegamento a proxectos do territorio do Cabo de Gata e outros puntos de interese relacionados co sector pesqueiro.  Para despedirnos tivo lugar a clausura das xornadas ...

I FORO TRANSNACIONAL ARQUITECTURAS DO MAR

Imaxe
O 14 de maio tivo lugar o I Foro Transnacional no salon de actos da Escola Técnica Superior de Arquitectura da Universidade da Coruña. Arquitecturas do mar e as súa paisaxe asociada. O programa do Foro foi o seguinte:  - Apertura oficial do Foro Transnacional Arquitecturas do mar e a súa paisaxe asociada: Miguel Abelleira, Director da ETSAC. Marta Villaverde, Directora xeral de Desenvolvemento Pesqueiro da Xunta de Galicia. Óscar Fuentes, Investigador Principal SEALabHaus.  - Casetas de Quilmas e Internvencións en bordos marítimos. CREUSeCARRASCO. Juan Creus, Covadonga Carrasco. - Rehabilitación do Astilero tradicional Ciprián e Casetas de praia en Valdoviño. Fuertes-Penedo. Óscar Fuertes, Iago Fernández Penedo.  - Rehabilitación da fábrica de salgadura, Porto de Aldán. Alfonso Penela. - Restauración de casetas de pescadores, Porto de Mutriku. XLARK arquitectos. Miriam Varela, Santi Lorenzo. Sonia Vázquez Díaz, Vicerreitora de Infraestruturas e Sustentabilidade da Univers...

PROXECTO WINBLUE

Imaxe
ANFACO-CECOPESCA pon en marcha o seu proxecto WINBLUE, un proxecto que trata sobre o 'empoderamento das mulleres e incorporación da igualdade de xénero nada economía azul'.  Nesta primeira xornada realizaouse un taller de traballo no que se analizaron casos de boas prácticas, establecéronse bases para unha igualdade de xénero real, presentáronse novas ideas e puxéronse en común cun workshop. 

COLOQUIO ECONOMÍA AZUL E ESTRATEXIAS DE IMPLANTACIÓN NO TERRITORIO

Imaxe
  O venres, 19 de xullo, a nosa xerente Elena Herbello participou como relatora no curso de verán da Universidade do País Vasco (UIK). Interviu nun coloquio sobre 'Economía azul e estratexía de implantación no territorio' xunto a outros ponentes de Cataluña e País Vasco. Koldo Goitia, director da 'Fundación Cursos de Verán da UPV/EHUko Uda Ikastaroak Fundazioa (UIK), inaugurou o espazo adicado á Economía Azul. O obxectivo deste curso é crear un espazo de difusión e de encontro para todas aquelas entidades e persoas implicadas na implantación da economía azul sostible nos diferentes territorios da Unión, así como para o intercambio de experiencias, proxectos exitosos e boas práctivas na súa aplicación. Para iso procedeuse a reunir a diferentes persoas expertas na economía azul sostible das zonas do litoral, así como a promotores/as de proxectos exitosos que contribuan á mellora da calidade de vida das comunidades pesqueiras, así como a súa diversificación económica contribui...

DÍA DO COOPERATIVISMO GALEGO 2024

Imaxe
  O sábado, 6 de xullo, a nosa xerente Elena Herbello asistiu ao DÍA DO COOPERATIVISMO GALEGO 2024, celebrado no C.P.R Plurilingüe Ángel de la Guarda.  Tratábase da oitava edición, que nesta ocasión acubillábase baixo o lema "As cooperativas constrúen un futuro mellor para todas as persoas". No devandito acto de conmemoración procedeuse á entrega dos Premios a proxectos Empresariais Cooperativos no Ensino; e aos premios á Cooperación 2024, que recoñecen os valores cooperativos, o mellor novo proxecto cooperativo e a mellor traxectoria cooperativa. O conselleiro de Emprego, Comercio e Emigración, José González, aproveitou a oportunidade para apelar ao diálogo social e á unidade para avanzar no cooperativismo e na economía social co foco na dinamización do rural.