DÍA DO COOPERATIVISMO GALEGO 2024

 

O sábado, 6 de xullo, a nosa xerente Elena Herbello asistiu ao DÍA DO COOPERATIVISMO GALEGO 2024, celebrado no C.P.R Plurilingüe Ángel de la Guarda. 

Tratábase da oitava edición, que nesta ocasión acubillábase baixo o lema "As cooperativas constrúen un futuro mellor para todas as persoas". No devandito acto de conmemoración procedeuse á entrega dos Premios a proxectos Empresariais Cooperativos no Ensino; e aos premios á Cooperación 2024, que recoñecen os valores cooperativos, o mellor novo proxecto cooperativo e a mellor traxectoria cooperativa.

O conselleiro de Emprego, Comercio e Emigración, José González, aproveitou a oportunidade para apelar ao diálogo social e á unidade para avanzar no cooperativismo e na economía social co foco na dinamización do rural.



Comentarios

Publicacións populares deste blog

INTERCAMBIO DE EXPERIENCIAS CO GRUPO DE ACCIÓN COSTERA (GAC) DE TENERIFE

DLP UN TERRITORIO SOSTIBLE

O GALP Ría de Vigo - A Guarda e ABANCA asinan un convenio para ofrecer novas vías de financiamento para o sector pesqueiro