COLOQUIO ECONOMÍA AZUL E ESTRATEXIAS DE IMPLANTACIÓN NO TERRITORIO
Koldo Goitia, director da 'Fundación Cursos de Verán da UPV/EHUko Uda Ikastaroak Fundazioa (UIK), inaugurou o espazo adicado á Economía Azul. O obxectivo deste curso é crear un espazo de difusión e de encontro para todas aquelas entidades e persoas implicadas na implantación da economía azul sostible nos diferentes territorios da Unión, así como para o intercambio de experiencias, proxectos exitosos e boas práctivas na súa aplicación.
Para iso procedeuse a reunir a diferentes persoas expertas na economía azul sostible das zonas do litoral, así como a promotores/as de proxectos exitosos que contribuan á mellora da calidade de vida das comunidades pesqueiras, así como a súa diversificación económica contribuindo así á sostenibilidade do sector pesqueiro e as súas comunidades.
Durante o curso de verán tamén interceu Basilio Otero, presidente da Federación Nacional de Confrarías de Pescadores, quen nos falou sobre 'CofBlueGrowth, confrarías de pescadores pola economía e o crecemento azul'.
Chegou o momento da nosa xerente, Elena Herbello, quen presentou as estratexias de desenvolvemento local participativo (EDLP) que rexen a actuación do GALP Ría de Vigo - A Guerda; con especial atención aos temas relacionados coa #economiaazul.
'Introdución, presentación e moderación da parte 1 (Economía azul. Introdución, marco conceptural e visión)'. Ibon Cancio Uriarte. Plentziako Itsas Estazio - UPV/EHU - Director do nodo español da infraestrutura europea de investigación EMBRC (Centro Europeo de Recursos Biolóxicos Mariños) á que pertencen 10 países e que ofrece servizos de investigación en Bioloxía e Biotecnoloxía Mariñas.
'Economía Azul. Enfoque e Políticas da Unión Europea para o seu impulso'. Manuel Pleguezuelo Alonso | Comisión Europa - Responsable de políticas de economía azul na DG MARE.
'A economía azul como estratexia de desenvolvemento territorial' Rosa Chapela Pérez | Centro Tecnologico del Mar - Fundación CETMAR - Coordinadora da Área de Socioeconomía da Pesca.
'Presentación e moderación da parte 2 (Economía azul. O papel do sector pesqueiro e oportunidades de futuro)'. Maitane Leizaola Zulueta | BERMEO TUNA WORLD CAPITAL.
'La economía azul, una gran oportunidad para el sector pesquero' Pepe Martinez García | Pescaturismo. Consultor de Pescaturismo e diversificación pesqueira - CEO.
'Presenta e moderación da parte 3 (Economía azul. Estratexias de implantación no territorio)'. José Alberto Orbe Izagirre | Goberno Vasco/Eusko Jaurlaritza - Dirección de Pesca e Acuicultura. Goberno Vasco.
- Catalunya: Joan Alginet Aliau | GALP Mar de L 'Ebre.
- Galicia: Elena Herbello Puentes | GALP Ría de Vigo - A Guarda
- Euskadi: Ekaitz Urtiaga Marinez | ItsasGarapen - Flag
Comentarios
Publicar un comentario