DLP UN TERRITORIO SOSTIBLE

 O presidente do GALP Ría de Vigo - A Guarda, Juan Manuel Gregorio, e a nosa xerente, Elena Herbello, desprazáronse a Almería para participar na Sesión Plenaria da Red Española de Grupos de Pesca, 'DLP para un territorio sostible'





As reunións de traballo desenvolvéronse ao longo de tres días, nos cales se analizaron a situación do sector, presentáronse diversas experiencias inspiradoras, visitáronse proxectos do Cabo de Gata e estudáronse interesantes propostas de turismo mariñeiro. 



Na seguinte xornada compatibilizáronse as reunións de marcado carácter técnico (como a análise de situación e previsión de resultados do Desenvolvemento Local Participativo, a presentación da Rede Nacional de Turismo Mariñeiro ou a mostra de iniciativas exitosas desa especialidade turistica) cunha vista de campo, consiste nun achegamento a proxectos do territorio do Cabo de Gata e outros puntos de interese relacionados co sector pesqueiro. 




Para despedirnos tivo lugar a clausura das xornadas dedicadas á análise da DLP para un territorio sostible. Durante a mañá estudamos actuacións en materia de substitución xeracional, presentáronse diversas experiencias inspiradores de diversos GALP da costa española, o espazo FameNET (a plataforma creada pola Comisión Europea co obxectivo de dar apoio ao sector pesqueiro) mostro distintas oportunidades financeiras e de cooperación; a Rede Española de Grupos de Pesca mostrou as súas accións máis destacadas, clausurándose os tres días coas conclusións finais. 






Comentarios

Publicacións populares deste blog

INTERCAMBIO DE EXPERIENCIAS CO GRUPO DE ACCIÓN COSTERA (GAC) DE TENERIFE

O GALP Ría de Vigo - A Guarda e ABANCA asinan un convenio para ofrecer novas vías de financiamento para o sector pesqueiro