INTERCAMBIO DE EXPERIENCIAS CO GRUPO DE ACCIÓN COSTERA (GAC) DE TENERIFE





Unha representación da xunta directiva do GALP Ría de Vigo - A Guarda participa estes días nunha visita promovida polo Grupo de Acción Costera (GAC) de Tenerife, co obxectivo de realizar un intercambio de experiencias relacionadas co ámbito pesqueiro. Nesta viaxe á illa canaria desprazouse a nosa xerente, Elena Herbello Puentes, xunto con membros das Confrarías de Pescadores de Cangas (José Luis Martínez), Redondela (Dionisia Otero), Aldán-Hío (Juan Manuel Gregorio), Vilaboa (Patricia Lorenzo) e Arcade (Gonzalo Reinoso). Tamén viaxan na expedición representantes do GALP da Ría de Aurousa e do GALP da Ría de Pontevedra.

A actividade, coa que se pretende coñecer a fondo as particularidades do sector pesqueiro das illas e descubrir experiencias que poidan ser replicadas no noso territorio, está a resultar moi produtiva, cunha intensa serie de visitas moi interesantes.


A actividade comenzou cunha recepción do vicepresidente do GAC e una presentación resumen sobre o sector pesqueiro e acuícola de Tenerife e os proxectos deste Grupo de Acción Costeiro.


A continuación desprazámonos á Confraría de Pescadores Nosa Señora das Mercedes, en Los Cristianos, a maior de barcos atuneros de todas as Canarias, con 20 unidades que dan traballo directo a 300 persoas. Alí presentáronnos o proxecto ‘Mellora da calidade dos produtos pesqueiros’.







Posteriormente visitamos á Confraría de Pescadores Nosa Señora da Luz (Muelle Playa San Juan) para informarnos sobre o proxecto de mantemento dos fondos mariños. Xa pola tarde, no Centro Cultural de Playa San Juan tivo lugar unha charla e mostra de varios proxectos contando coa presenza dos seus promotores.







Na xornada do mércores visitamos o Centro Pesqueiro e a Confraría de Pescadores Nosa Señora de Candelaria, para coñecer os proxectos de ‘Instalación de Pantalanes’ e ‘Promoción da Muller Pescadora’. 







 Posteriormente se viaxamos ata a Confraría de Pescadores ‘Gran Poder de Dios’ do Porto da Cruz, onde percorremos o Museo do Pescado e o proxecto ‘A Confraría en Red’. 







Xa pola tarde se visitamos o Centro de Interpretación do Mar e da Pesca (CIMP) para coñecer o s seus proxectos.

A expedición rematará esta viaxe hoxe xoves cun percorrido pola Confraría San Miguel de Tajao, no que se detallarán os proxectos de formación e promoción do sector pesqueiro do Concello de Arico e os proxectos formativos da ‘Asociación Comarcal Chasna Isora’. Concluindo cun traslado ó Centro de visitantes ‘El Portillo’ e unha charla sobre a xestión do Parque Nacional de El Teide.
























Comentarios

Publicacións populares deste blog

DLP UN TERRITORIO SOSTIBLE

O GALP Ría de Vigo - A Guarda e ABANCA asinan un convenio para ofrecer novas vías de financiamento para o sector pesqueiro