Publicacións

Mostrando publicacións desta data: outubro, 2024

INTERCAMBIO DE EXPERIENCIAS CO GRUPO DE ACCIÓN COSTERA (GAC) DE TENERIFE

Imaxe
Unha representación da xunta directiva do GALP Ría de Vigo - A Guarda participa estes días nunha visita promovida polo Grupo de Acción Costera (GAC) de Tenerife, co obxectivo de realizar un intercambio de experiencias relacionadas co ámbito pesqueiro. Nesta viaxe á illa canaria desprazouse a nosa xerente, Elena Herbello Puentes, xunto con membros das Confrarías de Pescadores de Cangas (José Luis Martínez), Redondela (Dionisia Otero), Aldán-Hío (Juan Manuel Gregorio), Vilaboa (Patricia Lorenzo) e Arcade (Gonzalo Reinoso). Tamén viaxan na expedición representantes do GALP da Ría de Aurousa e do GALP da Ría de Pontevedra. A actividade, coa que se pretende coñecer a fondo as particularidades do sector pesqueiro das illas e descubrir experiencias que poidan ser replicadas no noso territorio, está a resultar moi produtiva, cunha intensa serie de visitas moi interesantes. A actividade comenzou cunha recepción do vicepresidente do GAC e una presentación resumen sobre o sector pesqueiro e acuíc...

O GALP Ría de Vigo - A Guarda e ABANCA asinan un convenio para ofrecer novas vías de financiamento para o sector pesqueiro

Imaxe
O Grupo de Acción Local do Sector Pesqueiro (GALP) Ría de Vigo - A Guarda e ABANCA veñen de renovar a súa colaboración en materia financeira coa sinatura dun novo texto que inclúe diversas alternativas de financiamento, produtos axustados ás esixencias do sector pesqueiro, marisqueiro e acuícola, e unha atención especializada. Este acordo busca promover a modernización do sector pesqueiro, impulsando novas oportunidades de crecemento e mellorando a súa resiliencia fronte aos desafíos actuais.   O convenio foi asinado polo presidente do GALP Ría de Vigo - A Guarda, Juan Manuel Gregorio, e o director de ABANCA Mar, Javier Fraga, nun acto que simboliza a firme aposta de ambas as dúas entidades por fortalecer e acompañar a evolución dun sector clave para a economía e a cultura da rexión.   Vantaxes para os profesionais vinculados ao GALP Ría de Vigo - A Guarda A nova alianza pon especial énfase no acceso ao crédito. As entidades vinculados ao GALP e os proxectos presentados a este...

OS 8 PROXECTOS DO GALP DA RÍA DE VIGO- A GUARDA APROBADOS NA CONVOCATORIA DE 2024 SE PRESENTAN MAÑÁ NO CONCELLO DE MOAÑA

Imaxe
O Salón de Actos do Concello de Moaña acolleu o  mércores 25 de setembro ás 18:45 horas a presentación dos 8 proxectos aprobados na convocatoria 2024 do Fondo   Europeo Marítimo de Pesca e de Acuicultura (FEMPA) 2021-2027 e correspondentes ao GALP da Ría de Vigo-A Guarda. Trátase de proxectos ubicados en diferentes municipios deste grupo local de acción pesqueira (M oaña, Soutomaior, Vilaboa, Cangas, Vigo e Nigrán), algúns deles de carácter produtivo e outros non produtivo. A continuación detállanse os mesmos: 1.- Tierra y Mar Mutiaventura S.L. (Moaña): proxecto productivo, centrado na creación dunha sección audiovisual nesta empresa (para producir documentais, videoclips, longametraxes, series, curtamentais, etc...), e na ampliación das actividades ofertadas para manter a competitividade no mercado actual. 2.- Asociación Nacional de Mulleres da Pesca (Soutomaior): proxecto non produtivo, deseñado para conectar e intercambiar coñecementos entre o ámbito científico e as acti...
  8 PROXECTOS DO GALP DA RÍA DE VIGO- A GUARDA CONSIGUEN A APROBACIÓN NA CONVOCATORIA DE ESTE ANO 2024 Un total de 8 proxectos presentados á Convocatoria 2024 do Fondo   Europeo Marítimo de Pesca e de Acuicultura (FEMPA) 2021-2027 e correspondentes ao GALP da Ría de Vigo-A Guarda foron aprobados pola Consellería de Mar neste mes de xullo. Trátase de proxectos ubicados en diferentes municipios deste grupo local de acción pesqueira (Moaña, Soutomaior, Vilaboa, Aldán, Cangas, Soutomaior, Vigo, Arcade e Nigrán), algúns deles de carácter produtivo e outros non produtivo. A continuación detállanse os mesmos: 1.- Tierra y Mar Mutiaventura S.L. (Moaña): proxecto productivo, centrado na creación dunha sección audiovisual nesta empresa (para producir documentais, videoclips, longametraxes, series, curtamentais, etc...), e na ampliación das actividades ofertadas para manter a competitividade no mercado actual. 2.- Asociación Nacional de Mulleres da Pesca (Soutomaior): proxecto non prod...