8 PROXECTOS DO GALP DA RÍA DE VIGO- A GUARDA CONSIGUEN A APROBACIÓN NA CONVOCATORIA DE ESTE ANO 2024
Un total de 8 proxectos presentados á Convocatoria 2024 do Fondo Europeo Marítimo de Pesca e de Acuicultura (FEMPA) 2021-2027 e correspondentes ao GALP da Ría de Vigo-A Guarda foron aprobados pola Consellería de Mar neste mes de xullo. Trátase de proxectos ubicados en diferentes municipios deste grupo local de acción pesqueira (Moaña, Soutomaior, Vilaboa, Aldán, Cangas, Soutomaior, Vigo, Arcade e Nigrán), algúns deles de carácter produtivo e outros non produtivo. A continuación detállanse os mesmos:
1.- Tierra y Mar Mutiaventura S.L. (Moaña): proxecto productivo, centrado na creación dunha sección audiovisual nesta empresa (para producir documentais, videoclips, longametraxes, series, curtamentais, etc...), e na ampliación das actividades ofertadas para manter a competitividade no mercado actual.
2.- Asociación Nacional de Mulleres da Pesca (Soutomaior): proxecto non produtivo, deseñado para conectar e intercambiar coñecementos entre o ámbito científico e as actividades produtivas ligadas ao mar e aos recursos mariños, dende o punto de vista das mulleres do mar. Con isto potenciarase o papel das profesionais do mar na conservación da biodiversidade e o coidado do medio mariño.
3.- Concello de Vilaboa (Vilaboa): proxecto non produtivo no que se acondicionará a contorna do Forno de Cal (Punta da Travesada, Santo Adrán de Cobres).
4.- Confraría de Pescadores de San Cipriano de Aldán (Aldán-Cangas): proxecto non produtivo, no que se mellorará a comercialización e distribución dos produtos pesqueiros e marisqueiros da zona, apostando polos produtos de quilómetro cero.
5.- Confraría de Pescadores Virxe do Carme (Arcade-Soutomaior): proxecto non produtivo, para a mellora da comercialización e distribución dos produtos pesqueiros e marisqueiros da zona, mediante a incorporación dunha traballadora que desenvolva estas actividades.
6.- Confraría de Pescadores San Francisco de Vigo (Vigo): proxecto non produtivo, que mellorará os pantaláns de amarre e os accesos á Mariña de Bouzas.
7.- Cachapesca Sociedade Limitada (Vigo): proxecto produtivo, no que se acondicionarán as instalacións e equipos para garantir a seguridade alimentaria, o aforro enerxético, a trazabilidade e a presenza para internacionalizar os produtos do mar con tódalas garantías.
8.- Ecoafrik: plataforma de apoio ao estudo e protección da biodiversidade e os hábitats marinos vulnerables de África (Nigrán): proxecto non produtivo a través do que se creará un centro de biodiversidade mariña para apoiar os proxectos desenvolvidos pola Universidade de Vigo e o IEO, e se realizará unha labor divulgativa (cursos, conferencias, xornadas...) para sensibilizar á cidadanía sobre a importancia do coñecemento e conservación da biodiversidade e dos hábitats mariños para desenvolver unha pesca sustentable nun escenario de cambio climático.
Para máis información, pódese contactar co GALP na Avenida de Beiramar, 49, Vigo (Pontevedra), no correo galp.mar.riadevigoaguarda@xunta.gal ou telefonicamente nos números: 986 358 109/646 873 106.
Comentarios
Publicar un comentario