OS 8 PROXECTOS DO GALP DA RÍA DE VIGO- A GUARDA APROBADOS NA CONVOCATORIA DE 2024 SE PRESENTAN MAÑÁ NO CONCELLO DE MOAÑA
O Salón de Actos do Concello de Moaña acolleu o mércores 25 de setembro ás 18:45 horas a presentación dos 8 proxectos aprobados na convocatoria 2024 do Fondo Europeo Marítimo de Pesca e de Acuicultura (FEMPA) 2021-2027 e correspondentes ao GALP da Ría de Vigo-A Guarda.
Trátase de proxectos ubicados en diferentes municipios deste grupo local de acción pesqueira (M
oaña, Soutomaior, Vilaboa, Cangas, Vigo e Nigrán), algúns deles de carácter produtivo e outros non produtivo. A continuación detállanse os mesmos:
1.- Tierra y Mar Mutiaventura S.L. (Moaña): proxecto productivo, centrado na creación dunha sección audiovisual nesta empresa (para producir documentais, videoclips, longametraxes, series, curtamentais, etc...), e na ampliación das actividades ofertadas para manter a competitividade no mercado actual.
2.- Asociación Nacional de Mulleres da Pesca (Soutomaior): proxecto non produtivo, deseñado para conectar e intercambiar coñecementos entre o ámbito científico e as actividades produtivas ligadas ao mar e aos recursos mariños, dende o punto de vista das mulleres do mar. Con isto potenciarase o papel das profesionais do mar na conservación da biodiversidade e o coidado do medio mariño.
3.- Concello de Vilaboa (Vilaboa): proxecto non produtivo no que se acondicionará a contorna do Forno de Cal (Punta da Travesada, Santo Adrán de Cobres).
4.- Confraría de Pescadores de San Cipriano de Aldán (Cangas): proxecto non produtivo, no que se mellorará a comercialización e distribución dos produtos pesqueiros e marisqueiros da zona, apostando polos produtos de quilómetro cero.
5.- Apartamentos turísticos ‘O Estaleiro’ (Moaña): proxecto produtivo, no que se inclúen 5 apartamentos turísticos situados en Domaio (Moaña) nos que a decoración está inspirada nos antigos estaleiros de ribeira.
6.- Confraría de Pescadores San Francisco de Vigo (Vigo): proxecto non produtivo, que mellorará os pantaláns de amarre e os accesos á Mariña de Bouzas.
7.- Cachapesca Sociedade Limitada (Vigo): proxecto produtivo, no que se acondicionarán as instalacións e equipos para garantir a seguridade alimentaria, o
aforro enerxético, a trazabilidade e a presenza para internacionalizar os produtos do mar con tódalas garantías.
8.- Ecoafrik: plataforma de apoio ao estudo e protección da biodiversidade e os hábitats marinos vulnerables de África (Nigrán): proxecto non produtivo a través do que se creará un centro de biodiversidade mariña para apoiar os proxectos desenvolvidos pola Universidade de Vigo e o IEO, e se realizará unha labor divulgativa (cursos, conferencias, xornadas...) para sensibilizar á cidadanía sobre a importancia do coñecemento e conservación da biodiversidade e dos hábitats mariños para desenvolver unha pesca sustentable nun escenario de cambio climático.
Nesta presentación tamén se explicarán varios proxectos que foron aprobados na convocatoria de 2023 e que rematan este ano:
-A adquisición dun vehículo isotérmico para a cooperativa galega Cíes Artesanais
-A implementación de novas tecnoloxías, melloras ambientais e das condicións de traballo dos empregados da empresa frigorífica Frivigo (Vigo).
-A posta en marcha da instalación de enerxía fotovoltaica ‘Lonsolar’ da Confraría de pescadores ‘Santa Tegra’ (A Guarda).
-A modernización dos procesos de comercialización e os canais de distribución dixitais, impulsado por Sinescama.
A principios de 2025 se abrirá un novo período de presentación de proxectos do Fondo Europeo Marítimo de Pesca e de Acuicultura (FEMPA) 2021-2027. Para máis información, pódese contactar co GALP na Avenida de Beiramar, 49, Vigo (Pontevedra), no correo galp.mar.riadevigoaguarda@xunta.gal ou telefonicamente nos números: 986 358 109/646 873 106.
Comentarios
Publicar un comentario